Sunday 28 de April de 2024

Touro celebra o Samaín


 

O Concello de Touro celebrará o Samaín durante a tarde-noite do próximo mércores, día 31 de decembro. Será a noite máis meiga e festeira. Para preparar o desfile da noite, todo aquel que queira poderá acudir ao obradoiro para poñer todo a punto. Será ás 17.00 horas na Casa da Cultura. Alí os máis novos poderán preparar os seus traxes, maquillarse coma un morto vivinte e tamén poderán bailar coa música. Posteriormente, ás 20.00 horas, e con saída da Casa da Cultura, comenzará o desfile quitamedos polas rúas de Fonte Díaz que finalizará cunha chocolatada resucitadora ao compás da música máis feiticeira. O Concello de Touro invita a todos os veciños e veciñas a participar. Aconsella que todos veñan disfrazados para a ocasión. E tamén asegura que haberá música para bruxas, trasnos e demos.